[Wed Jan 17 20:50:45 MET 2018]
Abierto Empresas
[Wed Jan 17 20:50:45 MET 2018]
Buscar en movistar.es…

App Mi Movistar para Empresas

App Mi Movistar

Xestione todas as súas liñas onde e cando queira

Tamén para liñas de Particulares

  • Coñeza os consumos de voz e datos.
  • Como administrador poderá xestionar as liñas dos empregados.
  • Consulte as súas facturas de fixo e móbil.
  • Consulte o estado do Roaming.
  • Analice a saúde do seu móbil co Autorecoñecemento .
  • Asistencia técnica onde tramitar incidencias
  • Bloqueo de liña por roubo.
  • Consulte o PUK.
Descarga a aplicación

Características da Aplicación Mi Movistar

Xestión de liñas de fixo e móbil

A App Mi Movistar para Profesionais e Empresas ofrece un servizo gratuíto que permite realizar consultas e xestións sobre liñas de empresa: ver detalle de consumo, última facturación, bloquear unha liña por roubo, tramitar incidencias para recibir atención personalizada, configuración de alertas de consumo de datos, notificación limiar de consumo 80%, canle de Noticias, etc.

Acceso para Profesionais

Rexístrese co seu número de móbil e poderá acceder a todas as funcionalidades de xestión das súas liñas e servizos contratados.

Acceso para clientes de Empresas

Permite a xestión das liñas a partir de dous roles diferenciados: Administrador ou Empregado.:

  • • Se é vostede responsable das liñas pode rexistrarse como Administrador e, se o desexa, asignar este rol a outras liñas de confianza.

  • • Se non é o titular responsable da liña debe rexistrarse como Empregado.

Dependendo do rol definido ao iniciar a sesión na App, terá acceso a funcionalidades asociadas aos permisos dese perfil.

Perfil como Administrador e Empregado

Para rexistrarse como Empregado:

  • 1. Indique o número de móbil, seleccione ‘Son un usuario/empregado’ e pulse ‘Aceptar’. Nuns segundos, recibirá unha SMS co contrasinal de acceso.
  • 2. Dentro da zona privada, en opción ‘Os meus Datos’ do menú lateral pode cambiar e personalizar o seu contrasinal.

Para rexistrarse como Administrador:

  • 1. Indique o número de móbil, seleccione ‘Son o titular/responsable’ e pulse ‘Aceptar’.
  • 2. Introduza os seis últimos díxitos da conta bancaria onde se facturase a liña. Nuns segundos, recibirá unha SMS co contrasinal de acceso.
  • 3. Accedendo a Configuración App, pode personalizar o seu contrasinal e dar permisos de administrador a unha liña de empregado.

No momento de iniciar a sesión, pode mantela aberta no seu dispositivo activando o recadro de ‘Non pechar sesión’. Se non lembra o seu contrasinal, pulse sobre o botón ‘Esquecín o meu contrasinal’ para recibir unha SMS coa nova clave de acceso.

Tamén pode consultar a súa liña Particular:

Se quere xestionar unha liña Particular, desde a mesma App dispón dunha sección con funcionalidades específicas para este tipo de liñas.

Atención ao Cliente

   

Atención ao cliente

   

Preguntas
frecuentes

   

Manual

 

   

Condicións Legais

 

   

Comunidade

Tamén che pode interesar

 

Movistar Cloud

Desde 1 €/mes (IVE Incl.)
   

Pásate á Fibra

Consulta a túa cobertura

   

Spotify

A mellor música, agora con Movistar